Ayuntamiento

O MULTIUSOS XA TEN NOVA CUBERTA
Lunes, 15 de Febrero de 2016 00:00

Satisfacción no executivo tras comprobar que as obras da cuberta do Multiusos pasaron a primeira proba decisiva. 
O equipo de goberno pudo constatar a través dos seus técnicos que o novo tellado do edificio multiusos resisteu, sen ningún tipo de fisura, os fortes ventos e o temporal de chuvia que castigou estas dúas últimas semanas a comarca, causando importantes destrozos nas instalacións de varios municipios de O Salnés, como Vilagarcía ou Cambados.
As primeiras comprobacións fixéronse ao longo da mañán de hoxe. Os técnicos do departamento de urbanismo inspeccionaron, xunto cos encargados da empresa adxudicataria da obra, o estado da cuberta e as reformas que se están acometendo no interior do edificio como son: a ampliación do albergue, o novo mirador da planta superior, e o novo acceso á planta baixa. 
Tras facer o percorrido por todos os niveis, determinaron que a obra está en perfectas condicións para continuar co seu desenvolvemento normal, non detectando ningún desperfecto que produza contratempos no desenrolo da mesma. 
Cabe recordar que o edificio multiusos é unha aposta clave para a dinamización do ocio e a actividade cultural e deportiva no municipio. As previsións son que estará lista para finais de marzo. 

 
MOMO 2016. NOVA DATA. FIN DE SEMANA DO 20 E 21 DE FEBREIRO
Sábado, 13 de Febrero de 2016 13:21
 
 
 
COMEZA A CONTA ATRÁS PARA A CELEBRACIÓN DO EVENTO MÁIS ESPERADO EN VILANOVA, O DESFILE DO MOMO, QUE SERÁ ESTA FIN DE SEMANA.
MAÑÁN SÁBADO DÍA 20 ÁS 20:00 HORAS TERÁ LUGAR O VELORIO DO MOMO. A DISCO MÓVIL LA DUENDENETA IRÁ ANIMANDO COA SÚA MÚSICA OS LUGARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DO CASCO URBÁN. PARA PODER DESFRUTAR TANTO DOS DOCES COMO DA QUEIMADA QUE OFRECERÁN OS DISTINTOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS, SERÁ IMPRESCINDIBLE VIR DISFRAZADO. LEMBRADE, O TEMA DESTE ANO É A DÉCADA DOS 70.
O DOMINGO DÍA 21 DE FEBREIRO SAIRÁ ÁS 17:00 HORAS, O DESFILE DE CARROZAS PRESIDIDO POLA CARROZA PRINCIPAL QUE LEVARÁ O MOMO, A PERSONAXE MISTERIOSA CUXA IDENTIDADE SE COÑECERÁ ESA MISMA TARDE. O PERCORRIDO SERÁ O DE COSTUME.
O CONCELLO E A ORGANIZACIÓN ANÍMAVOS A TODOS A QUE VEÑADES A VILANOVA PARA PODER DESFRUTAR DA PROGRAMACIÓN CON TODOS NÓS.
  

 
 
 

 
FESTAS DE ENTROIDO EN VILANOVA. MOMO 2016
Lunes, 08 de Febrero de 2016 14:12

Vilanova pon a guinda ao pastel das festas do Entroido na comarca do Salnés coa celebración do "velorio" e o desfile do Momo a próxima fin de semana. A festa no municipio se presenta moi concurrida por aqueles que non desexan despedirse do desenfreno do carnaval, e se apuntan á animada proposta para o sábado e domingo de piñata. Tradición e diversión se unen durante estos dous días na localidade, con desfiles, comparsas, carrozas, orquestas e fogos de artificio como ingredientes máis atractivos.
A festa comenza o sábado 13, víspera do día grande e xornada do "Velorio do Momo".Como todos os anos unha comitiva se concentrará na Praza do Concello para chorar a morte do "Defuntiño Anxelo", que encarna un veciño introducido nunha caixa fúnebre. Ás 20:00 horas se inicia un percorrido polas rúas do casco urbán, con parada nos distintos establecementos hostaleiros para repoñer forzas. Ás asiduas plañideras que participan no desfile, o Concello e a Comisión Organizadora queren que se sumen persoas disfrazadas con outras roupas para dar maior colorido ó acto. De ahí que este ano decidiran convocar unha festa temática dos anos 70, e animen a veciños e a visitantes a acudir ataviados ao estilo desa década. Para rememorar a música setentera, nada mellor que a discoteca móvil de La Duendeneta, que animará a festa na Praza do Castro ata a medianoite.
O domingo 14 de febreiro e o Día do Momo. Ás 16:00 horas comenza a concentración de carrozas, comparsas e particulares que se unen á comitiva ante a Casa do Concello. Unha hora máis tarde, parte o desfile cuxo percorrido será o o de costume: Concello, Esteiro, Vilamaior, González Besada, Juan Carlos I, e de novo González Besada ata o Paseo Marítimo, onde se queimarán as figuras do Momo e da sardiña. A identidade da persoa da que se vai a facer o muñeco manteráse en segredo para garantizar a sorpresa. A lectura do Momo será a cargo do showman televisivo Xacobe Castro, na Praza do Castro, un espectáculo de fogos artificiais con verbena amenizada polo grupo Los D´Aché, arredor das 21:00 horas que porá o broche de ouro ao carnaval de Vilanova.
Esta celebración conta con unha grande afluencia de público e participantes. As comparsas e carrozas máis representativas da comarca do Salnés e doutras partes da provincia se desplazan ata a nosa localidade. Como dato, o ano pasado acudiron ó evento 46 comparsas e carrozas con casi mil persoas desfilando na comitiva. 
 
O EDIL DE INDUSTRIA E PROMOCIÓN ECONÓMICA ANUNCIA A INSTALACIÓN DE DÚAS NOVAS EMPRESAS NOS PARQUES EMPRESARIAIS DE BAIÓN E TREMOEDO.
Lunes, 08 de Febrero de 2016 12:58

 
Javier Tourís, responsable da área relacionada co emprego no noso concello, ven de anunciar este venres a implantación de dúas empresas nos polígonos de Vilanova. Confirma así a venda de dúas parecelas de terreo que no caso do polígono de Baión estará destinada a implantación dunha empresa do sector do transporte pesado e grandes grúas denominada SARTAL que ocupará aproximadamente un espazo de 3.000 metros cadrados. No caso do parque de Tremoedo, será unha firma de automoción, afincada en varios municipios da xeografía galega, a que comence unha nova andadura empresarial.Os acordos con esta última están prácticamente rematados.
 
O tenente de alcalde suliñou a importancia das medidas tomadas polo equipo de goberno, pioneiras neste ámbito de actuación, responsables directas do novo impulso económico dos nosos polígonos industriais. Sen dúbida, afirma que tanto a exención de tasas municipais como a rebaixa nos prezos do terreos por parte de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) activaron o interese dos empresarios e propiciaron numerosas reunións e consultas qe xa están dando os seus primeiros froitos.
 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

¿Está de acuerdo con la compra de Vista Real para que este espacio sea público?
 

Quién está Online

Tenemos 4 invitados conectado
Banner