Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

  

PREMIOS E CONCURSOS: 

 

 VIII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe, convocan a VIII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, cos seus poemas escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital.

As persoas participantes deberán enviar seis exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ao seguinte enderezo:
VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de Montes. Pontevedra

Nas obras concursantes deberán aparecer escrito con claridade o título e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.

dotación do premio é de 2.500 €

prazo de presentación das obras está aberto ata o día 30 de setembro de 2019.
http://fornelos.gal/wp-content/uploads/2019/07/VIII-Premio-de-poesia-Manuel-Lueiro-2019.pdf

 

Concurso de fotografía 

A Deputación de Lugo convoca A VI edición do Concurso de Fotografía nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, ten como fío condutor para este ano 2019: “AS NOSAS ÁRBORES”. 
Con esta temática pretendése poñer en valor, dar a coñecer e festexar o patrimonio natural das nosas Reservas da Biosfera, unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento destes territorios.

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non fosen premiadas con anterioridade.

As fotografías presentadas realizaranse no territorio da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e “Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, tendo como temática “As nosas árbores” dentro da Biosfera “Terras do Miño” e “Os Ancares  Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Becerreá”. Neste particular cómpre aclarar a que se refire este título: Procurarase obter instantaneas das árbores autóctonas que gocen dunhas características  extraordinarias que afagan destacar sobre o resto, tamén se admitirán fotografías de masas ou formacións arbóreas autóctonas (carballeiras, soutos, etc...). Estas particularidades poden referirse a súa idade, tamaño, beleza, etc..

Premios:
1º premio: 800 €.
2º premio: 500 €.
3º premio: 300 €.

Poderase presentar unha fotografía por autor/a.
A obra para concurso será presentada sen montar, sen enmarcar e sen passe-partout, e poderá ser realizada en branco e negro ou en cor. A fotografía entregarase un CD-ROM coa imaxe en formato TIFF, modo de cor RGB.  
O arquivo terá un tamaño mínimo de 15 Mb. No  mesmo CD-ROM deberá existir unha copia da fotografía cun tamaño aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG (.jpg) en modo de cor RGB. Será necesario acompañar unha  copia da fotografía en papel fotográfico cun tamaño de 20x30cm., ocupando a imaxe a totalidade do papel sen ningún tipo de marco. A fotografía deberá levar no dorso o título ou lema, e acompañarase dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor/a, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo  electrónico, título da obra e lugar onde se realizou. O devandito sobre levará no exterior o título ou lema da fotografía presentada.

prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 31 de outubro de 2019.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB

 

IV concurso de fotografía Xenerosidade 

A Fundación "CERMI Mujeres" convoca o IV concurso de fotografía ‘Xenerosidade’, que nesta edición desenvolverase co título "Empoderando ás nenas con discapacidade para o goce dunha vida libre de violencia".

As obras que se presenten ao concurso deberán ser orixinais, inéditas, é dicir, non publicadas en ningún soporte, incluído dixital, e non estar pendentes de votación ou ser premiadas noutro concurso. O xurado valorará especialmente a orixinalidade, estética, sensibilidade social, capacidade crítica e comunicativa e adecuación ao tema proposto. Así mesmo, valorarase o cumprimento de criterios de accesibilidade na obra e non se terán en conta aquelas instantáneas que vulneren o dereito á honra ou á intimidade.

Criterios de selección:  Valorarase especialmente a orixinalidade, estética, sensibilidade social, capacidade crítica e comunicativa e adecuación ao tema proposto. Non se publicarán nin aceptarán obras con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas. En definitiva, non se aceptará ningunha obra que sexa contraria á legalidade vixente. Así mesmo, valorarase o cumprimento de criterios de accesibilidade na obra.

Premios: 
1º premio: 3.000 euros
2º premio: 2.000 euros
3º premio: 1.000 euros

Así mesmo, establécese a categoría de “mención especial” que recaerá sobre aquelas obras que o xurado considere de especial interese.

As obras a concurso han de ser remitidas en formato dixital cunha resolución mínima de 300 píxeles por polgada ao seguinte correo electrónico:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  co asunto: IV Concurso de Fotografía “Xenerosidade” 2019.

prazo para enviar as fotografías permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

http://www.fundacioncermimujeres.es/es/noticias/la-fundacion-cermi-mujeres-y-el-real-patronato-sobre-discapacidad-abren-la-iv-convocatoria

 

XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O Concello de Dodro convoca a XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Neste certame poderán participar os/as poetas que o desexen, sempre e cando os traballos estean escritos en lingua galega e se axusten aos parámetros normativos do xénero narrativo que se convoca.
Os escritos deben ser orixinais, inéditos, non estaren comprometidos con ningunha editorial, non teren concorrido a outro certame pendente de resolución nin teren sido premiados.

Os traballos aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deben presentarse catro copias mecanografadas, soamente polo anverso e en papel tamaño DIN A-4, ao seguinte enderezo:

“XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro. A Coruña

Os poemarios ostentarán un título e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre pechado que conteña: copia
do DNI do/a autor/a, datos de contacto -enderezo e teléfono-, breve currículo literario, lapis de memoria ou CD coa copia
orixinal da obra, así como unha declaración xurada sobre a autoría e a orixinalidade desta.

prazo para presentar poemas estará aberto ata o 11 de novembro de 2019.
A dotación do premio é de 2.300 €. Terá, á súa vez, o carácter de anticipo de dereitos de autoría pola primeira edición da obra. O/a autor/autora recibirá gratuitamente 25 exemplares desta.

Máis información no BOP da Coruña do 19 de xullo de 2019 e en http://www.concellodedodro.org/

 

VI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar"                                                                                    O Concello de Xove convoca o VI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”.

Contía dos premios
Habrá una única categoría, con los siguientes premios:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquera persoa.
Toda a documentación será presentada nun sobre pechado consignando no seu exterior VI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”.
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto
-Copia do N.I.F. do concursante
-CD que conteña as imaxes dixitais
O sobre deberá presentarse ata o día 13 de setembro de 2019, e poderase presentar tanto no Rexistro de Entrada de Documentos (Casa do Concello, Camiño Real, s/n. 27870 Xove. Lugo) coma mediante envío por correo postal ordinario. Neste último caso, deberase facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de
presentación, que será igualmente como máximo, o día 13 de setembro de 2019.

Máis información no BOP de Lugo do 1 de xullo de 2019 e en http://www.xove.es/

 

VI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”

O Concello de Xove convoca o VI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”.

Contía dos premios
Habrá una única categoría, con los siguientes premios:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquera persoa.
Toda a documentación será presentada nun sobre pechado consignando no seu exterior VI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”.
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto
-Copia do N.I.F. do concursante
-CD que conteña as imaxes dixitais
O sobre deberá presentarse ata o día 13 de setembro de 2019, e poderase presentar tanto no Rexistro de Entrada de Documentos (Casa do Concello, Camiño Real, s/n. 27870 Xove. Lugo) coma mediante envío por correo postal ordinario. Neste último caso, deberase facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, que será igualmente como máximo, o día 13 de setembro de 2019.

Máis información no BOP de Lugo do 1 de xullo de 2019 e en http://www.xove.es/

 

Premios Defensa 2019

O Ministerio de Defensa convoca os Premios Defensa 2019

Modalidades: 
Traballos Investigación
Medios de Comunicación
Fotografía
Premio "José Francisco de  Querol e  Lombardero"
Docencia

Poderán concorrer aos Premios Defensa 2019 todas aquelas persoas e asociacións sen ánimo de lucro, cuxos proxectos ou traballos estean referidos a temas relacionados coa defensa, a paz, a seguridade e a historia militar.

Prazo: 19 de agosto de 2019
Máis inforamción no BOE do 19 de xuño e en http://www.portalcultura.mde.es/actividades/premios/defensa/

 

 

I Premio de poesía "Camiño Santiago"

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.

Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño". Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago.

prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019.

1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos. O tema de fondo será “A vida como camiño” e deberá manter unha vinculación explícita ou implícita co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario.
3. Será outorgado un único premio dotado con 1.500 €. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. O gañador ou gañadora recibirá dez exemplares da obra publicada.
4. Cada autor ou autora poderá presentar só unha obra ao concurso.
5. Os autores remitirán as súas obras á seguinte dirección:
Academia Xacobea
Pazo de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela. A Coruña
- De cada obra presentaranse dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo.
Os exemplares deberán ser presentados anonimamente e enviaranse nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o título da obra, especificando: PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO”.
- O sobre deberá conter, ademais, outro sobre pechado dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico e breve currículo (non máis de dez liñas), e unha declaración expresa de que a obra non ten sido premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin foi obxecto de publicación.

www.academiaxacobea.gal

 

 XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración.

A) Bases modalidade narración:
A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados
serán inéditos e totalmente orixinais. Coas seguintes características:
Os textos terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 20 de maio de 2019.

B) Modalidade ilustración:
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten a súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste «XVI Premio Pura e Dora Vázquez» de narración xuvenil.
As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:
a) Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.
b) Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 2 de setembro de 2019.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.

A presentación dos orixinais, tanto para ilustración coma para narración, unicamente poderá realizarse do seguinte xeito:
a) De maneira presencial, entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros.
b) Remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado, indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración», ao seguinte enderezo:
Deputación Provincial de Ourense
Rexistro Xeral
Rúa do Progreso, 32
32003 Ourense
As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.
Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

Máis información no BOP de Ourense do 23 de abril de 2019 e en http://www.depourense.es/index.php/component/content/article/50-acccesos-directos/2033-institucion-3

 

XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración.

B) Modalidade ilustración:
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten a súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste «XVI Premio Pura e Dora Vázquez» de narración xuvenil.
As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:
a) Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.
b) Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 2 de setembro de 2019.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.

A presentación dos orixinais, tanto para ilustración coma para narración, unicamente poderá realizarse do seguinte xeito:
a) De maneira presencial, entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros.
b) Remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado, indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración», ao seguinte enderezo:
Deputación Provincial de Ourense
Rexistro Xeral
Rúa do Progreso, 32
32003 Ourense
As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.
Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

Máis información no BOP de Ourense do 23 de abril de 2019 e en http://www.depourense.es/index.php/component/content/article/50-acccesos-directos/2033-institucion-3


Concurso de cómic manga, Norma Editorial

Norma Editorial convoca un Concurso de cómic manga

O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia  autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.

Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos (tanto de forma impresa como dixital).

A temática, estilo e xénero son totalmente libres e o proxecto para presentar debe consistir en:
•Resumo do argumento da obra nun espazo mínimo de 1 folla e máximo de 2 follas (a unha cara) así como un resumo de 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto. Tan só se aceptan arquivos DOC, RTF ou TXT. Outros formatos serán descartados.
•Creación das 8 primeiras páxinas (8 follas a unha cara) da obra. O gañador terá despois que seguir desenvolvendo a historia ata completar as 160 páxinas requiridas.
•Pode engadirse de maneira opcional unha portada (en branco e negro ou a cor) así como fichas dos personaxes.
•Datos persoais do autor ou autores: Nome e apelidos. Dirección completa. Correo electrónico. Teléfono. Ano de nacemento. Experiencia artística, se a hai. Nacionalidade.

Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital. En ningún caso deben enviarse os orixinais, debido a que en ningún caso devolveranse os materiais recibidos. As páxinas deben estar debuxadas a un tamaño proporcional a 11,5 x 17,5 cm (tamaño de impresión final), sendo ilimitado o tamaño máximo do bosquexo ou debuxo orixinal, pero limitado a 23 x 35 cm (máis 4 mm de sangue) como máximo para o documento  entintado e tramado.

Pode empregarse calquera técnica creativa, tendo en conta que a obra será en branco e negro e que debe estar entintada e cunha  rotulación lexible. Non se aceptarán traballos presentados a lapis ou a cor.

Pódense presentar un máximo de tres obras por autor, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo de autores.

prazo de admisión finaliza o 25 de agosto de 2019 ás 23:59, hora peninsular española.

Requisitos
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.

Dotación
O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 160 páxinas e ser publicada por Norma Editorial. Este contrato contemplará un anticipo en concepto de  royalties e dereitos de representación de 3.000 euros.

 


Máis información: 
Norma Editorial
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
https://www.normaeditorial.com/concursomanga/?page_id=3855 






  

 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 43 invitados conectado
Banner