Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS: 

 

 Galeuropa 2019

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019.

OBXECTO DA SUBVENCIÓN: 
Procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.

Obxectivos que se pretenden acadar:
- Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
- Complementar a competencia profesional e persoal
- Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
- Fomentar a autonomía persoal

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019. Mínimo de 100 horas mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita como beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia e que teña cumpridos 18 anos. Estes requisitos han de cumprirse o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención.
Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultaran beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:
-Ter menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. 
-Non ter recibido accións formativas  no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html

Para máis información: 981 544 645, 981 544 854, 981 545 822, 981 545 937

-  mozos/as  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
-  entidades sen ánimo de lucro e concellos  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html

PRAZO DE SOLICITUDE: 29 de maio de 2019
Máis información e en http://xuventude.xunta.es/programas-eu/8845-galeuropa-2022 no DOG do 29 de abril de 2019

 

 

Curso de Director/a de Campos de Traballo en Pontevedra

A Escola de Tempo Libre Barlovento organiza un curso de Director/a de Campos de Traballo en Pontevedra

Datas: do 20 ao 29 de setembro de 2019
Lugar:  R/Profesor Filgueira Valverde 2 Baixo, Pontevedra
Horarios:  sábados e domingos de 9 a 14 e de 16 a 21 horas (Venres 17 de maio haberá clase todo o día).
Duración:  50 horas teórico-prácticas + prácticas en un Campo de Traballo. Para superar o curso, é obrigatorio asistir ó 80% das horas totais teórico-prácticas.
Prezos:  Promoción "Trae un amigo": 130€ cada un / Estudantes, desempregados ou carné xove: 140€ / Sen descontos: 150€
Requisitos:  Estar en posesión do Titulo Oficial Director/a en actividades de tempo libre e unha expetiencia de traballo demostrable como Director/a de alomenos unha quenda nun Campamento de 10-12 días. 
O curso inclúe prácticas nun Campo de traballo da Xunta de Galicia.

Escola de tempo libre Barlovento
R/Profesor Filgueira Valverde 2, Baixo. Pontevedra
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Teléfono: 670 892 307
www.marexada.es

 

Curso avanzado de especialización orquestral

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Ofertase 18 prazas:
Violín 6 
Viola 2 
Violonchelo 2
Contrabaixo 1 
Oboe 1 
Frauta 1
Clarinete 1 
Fagot 1 
Trompa 1
Trompeta 1 
Percusión 1

Beneficiarios: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/89
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2019.
Duración do curso: O programa terá unha duración total dun ano académico, dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de xuño de 2020.
Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 23 de maio de 2019 a través da páxina web www.eaem.es

Máis información en www.eaem.es

 

Bolsas para a mocidade do exterior para estudar FP de grao superior

 

A Consellería de Educación convoca 100 bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os os/as cidadáns/as galegos/as residentes no exterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser menor de 30 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Ter residido no estranxeiro os dous anos anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:
e.1) Ser emigrante nacido/a en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
e.2) Ter nacido no estranxeiro e ser descendente dunha persoa que cumpra algunha das condicións da alínea e.1).
f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.

Con carácter previo á concesión da bolsa, será necesario estar matriculado/a no curso 2019/20 no 1º curso dun ciclo de grao superior de formación profesional en réxime ordinario sostido con fondos públicos, no 1º ano dun proxecto de formación profesional dual ou nun mínimo de 800 horas no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial.

As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento ED333A
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de xullo de 2019.
Máis información no DOG do 26 de abril de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/fp
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

  

Bolsas para o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da UDC

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre xunto coa Fundación Amancio Ortega Gaona convocan 30 bolsas (10 delas inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña durante o curso académico 2019/20.

O prazo de envío e a presentación de solicitudes para os alumnos iberoamericanos será ata o 30 de abril de 2019, mentres que para os estudantes españois será ata o 10 de xullo de 2019. Abrirase un segundo prazo ata o 31 de agosto de 2019 no caso de que queden prazas vacantes.

Todos os alumnos aceptados terán unha bolsa que cubrirá o 100 % dos gastos da súa primeira matrícula no máster, que a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre aboará á Universidade da Coruña.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net


Bolsas de verán en Astrofísica

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca 6 bolsas para formación na investigación astrofísica.

Requisitos:
Estudantes universitarios de máster en  Astrofísica e temáticas afíns no seu último ano ou recentemente titulados (curso 2017-2018 ou posterior)

A duración da bolsa será do 16 de xullo ao 16 de setembro de 2019.

Dotación das bolsas: 
A dotación das Bolsas de Verán é de 700 € brutos mensuais máis unha cantidade fixa de axuda para gastos de viaxe 
O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de enfermidade e accidente.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2019.
As solicitudes están dispoñibles en http://www.iac.es/ensenanza/solicitudes

Máis información no BOE do 23 de abril de 2019 e no Instituto de Astrofísica de Canarias http://www.iac.es/estudiantes.php?op1=131&op2=417

 

Bolsas de formación no Instituto Cervantes

 

O Instituto Cervantes convoca 44 bolsas de formación.

- Contabilidade e tesourería: tres bolsas
- Contratación e xestión patrimonial: unha bolsa
- Arquivo: dúas bolsas
- Orzamentos: unha bolsa
- Dirección académica: unha bolsa
- Hispanismo: unha bolsa
- Certificación e acreditación académica: unha bolsa
- Formación de profesores: dúas bolsas
- Ordenación e proxectos académicos: unha bolsa
- Ordenación e proxectos académicos/Certificación e acreditación: unha bolsa
- Xestión comercial e márketing: tres bolsas
- Comercio electrónico e márketing: unha bolsa
- Prezos e seguimento de vendas: unha bolsa
- Recursos humanos: dúas bolsas
- Xestión e comunicación de actividades culturais: unha bolsa
- Xestión cultural multidisciplinar: tres bolsas
- Documentación da actividade cultural: unha bolsa
- Biblioteca e documentación: unha bolsa
- Relacións institucionais e xestión de actividades: tres bolsas
- Produción audiovisual: unha bolsa
- Redacción e contido dixital: unha bolsa
- Informática: dúas bolsas
- Edición e audiencias da internet: unha bolsa
- Contidos web: unha bolsa 
- Edición web: unha bolsa
- Arquivo e documentación dixital: dúas bolsas
- Proxectos terminolóxicos: unha bolsa
- Convenios e relacións internacionais: dúas bolsas
- Asesoría xurídica: unha bolsa
- Relacións internacionais: unha bolsa

Requisitos:
Titulados universitarios de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas, que terminasen os estudos  conducentes á obtención do título requirido nos cinco cursos académicos anteriores

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2019.
Máis información no BOE do 15 de abril de 2019 e en https://documentos.cervantes.es/Becas_2019_Resolucion.pdf


 

Premios extraordinarios de bacharelato

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018-2019 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2018-2019 nun centro docente de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2019 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 11 de abril de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu


 CURSO PRIMEROS AUXILIOS BÁSICOS (20 horas)

 

 Viernes y Sábados 7, 8, 14 y 15 DE JUNIO DE  2019

De Viernes de 16.00 A 21.00h Y Sábados de 09.00 a 14.00 h

 

 Matrícula online del 2 de mayo al 2 de junio de 2019:

http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso?cod_curso=505856

 

 

Lugar de impartición:   Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

 

 

 60 € por alumno

Descuento del 10% socios, voluntarios y desempleados

 

+ INFO EN:  Cruz Roja O Salnés

Plaza de la Constitución nº 3- Vilagarcía

Tel: 986 51 22 44 e-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

 

CURSO PRIMEROS AUXILIOS

EN BEBÉS Y NIÑOS EN VILAGARCÍA

 

Para la población en general

Mayores de 16 años con los estudios primarios completos. Ficha inscripción, resguardo de ingreso bancario.

                                                                

 

La entrega de matrícula es obligatoria para la confirmación de plazas antes del comienzo del curso.

10 horas de duración

 

 Fechas: Viernes 4 y Sábado 5 de octubre de 2019

Horario: Viernes de 16.00 a 20.00 h y Sábado de 09.00 a 14.00 h.

 

 Del 30 de agosto al 30 de septiembre de 2019 o hasta cubrir plazas.

Matricula online:

http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso?cod_curso=505863

 

+ INFO EN:  Cruz Roja O Salnés

Plaza de la Constitución nº 3- Vilagarcía

Tel: 986 51 22 44 e-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 


Cursos De Idiomas No Estranxeiro Para Mocidade Con Discapacidade

 

A Fundación ONCE lanza a II Convocatoria de axudas para a realización de cursos de idiomas no estranxeiro por parte de mocidade con discapacidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no marco do programa operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A convocatoria de axudas ten por obxecto
- Fomentar a formación en competencias lingüísticas de mozas con discapacidade, mediante a promoción de estancias no estranxeiro e a participación en cursos de inglés, francés ou alemán, en países de fala inglesa, francesa ou alemá da Unión Europea. 
- Reforzar a  empregabilidade do colectivo de mozos con discapacidade para afrontar os retos que a sociedade actual demanda, integrándoos nunha comunidade internacional e multicultural que mellorará os seus coñecementos profesionais e lingüísticos, así como o seu  cualificación, co fin último de poder desenvolver traballos técnicos e cualificados.

Poderán beneficiarse as persoas novas residentes en España que queiran participar nun programa de mobilidade internacional para a realización de cursos formativos de inglés, francés ou alemán nalgún país europeo onde algunha destas linguas estea recoñecida como idioma oficial, entre eles: Gran Bretaña, Irlanda,  Malta, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza, Austria, ou Alemaña.

Requisitos
- Ter unha discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%, recoñecida oficialmente polo Organismo competente da súa Comunidade Autónoma. 
- Cumprir os 18 anos e non ter máis de 29 anos no momento da solicitude. 

- Ser beneficiario/a de o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no momento da solicitude. 
- Estar en posesión dun nivel mínimo  B1 do idioma para o que se solicita a axuda ou outro título ou nivel asimilado, sendo estes os descritos no apartado IV da presente convocatoria. 
- Matricularse nalgún curso de idiomas no estranxeiro dun mínimo de 4 semanas e un máximo de 12 semanas de duración, durante as cales se deberá recibir formación no idioma seleccionado de polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha.
- Comprometerse á contratación, pola súa propia conta, e en caso de resultar beneficiarios da axuda, dun seguro de asistencia en viaxe que comprenda a totalidade do período de estancia no estranxeiro para a realización do curso.

Dotación
As axudas concedidas no marco desta convocatoria deberán ser destinadas integramente polos beneficiarios para sufragar o custo da formación no idioma elixido, así como os gastos da viaxe (ida e regreso) e da estancia no estranxeiro (entendendo como tales gastos de estancia os de aloxamento, manutención e seguro). As estancias terán unha duración mínima de 4 semanas e máxima de 12 semanas, de acordo cos demais requisitos esixidos pola presente convocatoria.

A axuda concedida será proporcional ao número de semanas de estancia no estranxeiro e obedecerá ao seguinte esquema: 
- Programas de 4 semanas: 2.000 euros
- Programas de 6 semanas: 3.000 euros
- Programas de 8 semanas: 4.000 euros
- Programas de 10 semanas: 5.000 euros
- Programas de 12 semanas: 6.000 euros

Prazo: ata o 31 de agosto de 2019

https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx


Axudas Para Estudos Universitarios Por Causa Sobrevida


A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, no curso académico 2018-2019, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta, situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, vítimas de violencia de xénero, vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2018/19. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019.
c) Estar matriculado, no curso académico 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a quen lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2019 multiplicada por 1,50.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazos:
-Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019.
-Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2019.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2019 e en  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Director/A De Campos De Traballo En Santaigo De Compostela

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de Director/a de Campos de Traballo.

Requisitos
Estar en posesión do título de director/a de actividades de tempo libre e ter experiencia como director/a do equipo de animación de alomenos, nun campamento de 15 días.
Datas: 11, 12, 17, 18 e 19 de maio de 2019
Horarios: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00
Total prazas: 25 alumnos

Prezo:200€. Taxas de expedición de título non incluídas.
50 horas teóricas e 14 días de prácticas nun campo de traballo (tras superar a parte teórica).
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

Lugar: CENTRO XUVENIL DON BOSCO
R/ BELVÍS Nº 2-SANTIAGO DE COMPOSTELA
TELÉFONO: 981 582243

http://cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/cursos/198-curso-de-director-a-de-campos-de-traballo-3

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Ocio E Tempo Libre En Santiago De Compostela

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de monitor/a de tempo libre

Requisitos
- Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
- Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Xuño: 26, 27 e 28
Xullo:
1, 2, 4, 5, 8, 9, 11, 12, 15, 16, 18, 19, 22, 23, 24, 25 e 26.
Horario: 9:00H-14:00H e 16:00H-21:00H
Total prazas:  25 alumnos
Prezo: 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
Lugar: CENTRO XUVENIL DON BOSCO
R/BELVÍS Nº 2-SANTIAGO DE COMPOSTELA
TELÉFONO: 981 58224


Bolsas Freigeist en Alemaña

As Bolsas Freigeist son axudas destinadas a mozas e mozos de calquera país do mundo que investiguen no marco de calquera campo do coñecemento. O obxectivo estas bolsas é facilitar a implementación de proxectos de investigación extraordinarios, por iso, nesta edición convocáronse entre dez e quince axudas para realizar investigacións en universidades ou institucións de investigación alemás.

Cada bolsa poderá estenderse ata un período máximo de cinco anos, e a contía económica que recibirá cada investigador variará en función do campo de investigación e a experiencia profesional de cada candidato.

Requisitos: estar en posesión dun título de doutoramento que fose obtido durante o últimos cinco anos. E tamén é obrigatorio que a investigación se integre desde o principio no marco dunha universidade ou institución de investigación alemá.

Prazo: 10 de outubro de 2019

https://www.volkswagenstiftung.de/en/funding/our-funding-portfolio-at-a-glance/freigeist-fellowships


 

Curso avanzado de especialización orquestral

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Ofertase 18 prazas:
Violín 6 
Viola 2 
Violonchelo 2
Contrabaixo 1 
Oboe 1 
Frauta 1
Clarinete 1 
Fagot 1 
Trompa 1
Trompeta 1 
Percusión 1

Beneficiarios: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/89
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2019.
Duración do curso: O programa terá unha duración total dun ano académico, dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de xuño de 2020.
Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 23 de maio de 2019 a través da páxina web www.eaem.es

Máis información en www.eaem.es


Subvencións Do Programa "Corpo Europeo De Solidariedade" Para O Ano 2019

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións no marco do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" para o ano 2019.

O obxecto do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" é incentivar a participación dos mozos/as e as organizacións en actividades de solidariedade accesibles e de gran calidade como medio de contribuír a reforzar a cohesión, a solidariedade, a democracia e a cidadanía en Europa, respondendo ao mesmo tempo os desafíos da sociedade e fortalecendo as comunidades, cun empeño especial en promover a inclusión social, principalmente a través do voluntariado.

Na guía do programa especifícanse outros obxectivos e prioridades xerais e por Acción a ter en conta.

Poderanse solicitar proxectos nas seguintes Accións:
a) voluntariado
b) prácticas e empregos
c) proxectos de solidariedade

Prazo de presentación de solicitudes.
Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12:00 h (mediodía), hora de Bruxelas.
- 7 de febreiro de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019.
- 30 de abril de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2019, e para acordos de colaboración en materia de voluntariado (acordos específicos para 2019 no contexto do contrato marco de colaboración 2018-2020).
- 1 de outubro de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2020

Máis información no BOE do 26 de decembro de 2018

www.erasmusplus.injuve.es

..

Curso De Monitores/As De Actividades De Tempo Libre En Vigo

A Escola de Tempo libre e Animación Sociocultural Don Bosco convoca en Vigo un curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre
Datas: do 10 de xullo ao 5 de xullo de 2019
Horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 de luns a venres
Lugar: Colexio María Auxiliadora, Salesianos de Vigo
Teléfono 986 225 662

 

Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos

 

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.  


 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 71 invitados conectado
Banner