Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

  

PREMIOS E CONCURSOS: 

 

 XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración.

A) Bases modalidade narración:
A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados
serán inéditos e totalmente orixinais. Coas seguintes características:
Os textos terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 20 de maio de 2019.

B) Modalidade ilustración:
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten a súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste «XVI Premio Pura e Dora Vázquez» de narración xuvenil.
As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:
a) Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.
b) Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 2 de setembro de 2019.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.

A presentación dos orixinais, tanto para ilustración coma para narración, unicamente poderá realizarse do seguinte xeito:
a) De maneira presencial, entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros.
b) Remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado, indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración», ao seguinte enderezo:
Deputación Provincial de Ourense
Rexistro Xeral
Rúa do Progreso, 32
32003 Ourense
As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.
Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

Máis información no BOP de Ourense do 23 de abril de 2019 e en http://www.depourense.es/index.php/component/content/article/50-acccesos-directos/2033-institucion-3

 

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018-2019 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2018-2019 nun centro docente de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2019 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 11 de abril de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

 

XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración.

A) Bases modalidade narración:
A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados
serán inéditos e totalmente orixinais. Coas seguintes características:
Os textos terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 20 de maio de 2019.

B) Modalidade ilustración:
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten a súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste «XVI Premio Pura e Dora Vázquez» de narración xuvenil.
As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:
a) Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.
b) Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 2 de setembro de 2019.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.

A presentación dos orixinais, tanto para ilustración coma para narración, unicamente poderá realizarse do seguinte xeito:
a) De maneira presencial, entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros.
b) Remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado, indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración», ao seguinte enderezo:
Deputación Provincial de Ourense
Rexistro Xeral
Rúa do Progreso, 32
32003 Ourense
As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.
Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

Máis información no BOP de Ourense do 23 de abril de 2019 e en http://www.depourense.es/index.php/component/content/article/50-acccesos-directos/2033-institucion-3

 

  Premios Exército do Aire 2019

O Exército do Aire convoca os Premios Exército do Aire 2019 nas seguintes modalidades:

Modalidade Pintura:
Nos premios de pintura poderán participar artistas e creadores con obras individuais inéditas.
A temática estará relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Primeiro premio:  6.000 € e trofeo Plus ultra. 
Accésit:  3.000 € e placa.

Modalidade de Aula Escolar Aérea
A este premio poden presentarse centros de ESO en territorio nacional, con traballos colectivos dos alumnos matriculados nos mesmos. 
A temática estará relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
O premio consistirá nunha viaxe de 5 días a fin de coñecer e visitar de preto unidades, centros e organismos (UCO) do Exército do Aire, para un máximo de 10 alumnos e 2 profesores, utilizando medios militares para cubrir os servizos de transporte, aloxamento e manutención.

Modalidade de Modelismo Aeronáutico
Poderán participar aquelas obras que mellor reproduzan, a escala, modelos de aeronaves ou aeróstatos que formen ou formasen parte da historia aeronáutica militar española ou do Exército do Aire, de acordo coas seguintes categorías:
Aeromodelismo ou dioramas:  Premio único ambas as categorías: 2.000 € e trofeo Plus ultra.
Taller de modelismo infantil:  Premio único: Trofeo Plus ultra, obsequio e bautismo de voo.

Modalidade de Investigación Aeroespacial Universitaria:
Estes traballos desenvolverán liñas de estudo de investigadores universitarios nas diferentes ramas existentes no sector aeroespacial e que profundan nos avances da industria de defensa española. 
Premio único:  4.000 € e trofeo Plus ultra.

Modalidade de Imaxe Aeronáutica
Inclue a modalidade de Fotografía e de Vídeo aeronáutico.
Fotografía, diferenciando as seguintes categorías:
- Mellor colección de fotografía aeronáutica.
- Mellor fotografía aeronáutica.
- Mellor fotografía de interese humano.
Poderán presentarse a esta modalidade fotografas ou diapositivas en formato dixital, orixinais e de tamaño libre, de temática aeronáutica relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Modalidade de vídeos aeronáuticos
Poderán presentarse ao concurso gravacións audiovisuais en formato dixital (imaxes ou animacións), con montaxes orixinais de temática relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Premios:
- Premio á "mellor colección": 2.000 euros e trofeo Plus ultra.
- Accésit á “mellor colección”: 500 euros.
- Premio á "mellor fotografía": 1.000 euros e placa.
- Accésit á “mellor fotografía”: 500 euros.
- Premio á mellor fotografa "interese humano": 1.000 euros e placa.
- Accésit á mellor fotografa “interese humano”: 500 euros.
- Premio ao mellor vídeo aeronáutico: 1.000 euros e placa.

Modalidade de Artigos Revista de Aeronáutica e Astronáutica
Artigos de divulgación.  Concédense dous premios anuais para distinguir aqueles traballos que consoliden o prestixio da Revista de Aeronáutica e Astronáutica: Primeiro Premio: 3.000 euros e diploma. Segundo Premio: 1.000 euros e diploma
Artigo sobre helicópteros. Ten o propósito de incentivar a investigación e divulgación sobre a historia, actualidade, procedementos, utilización e operación dos helicópteros: Premio único: 3.000 euros e diploma
Artigos sobre enxeñería aeronáutica ou aeroespacial.  Co fin de incentivar a investigación e divulgación sobre a actualidade, procedementos, utilización, sostemento e operación do material aeronáutico ou aeroespacial: Premio único: 3.000 euros e diploma

Modalidade de Creación Literaria
Con este premio preténdese galardoar tanto o mellor traballo de narrativa literaria breve en prosa (conto ou novela curta) como os valores poéticos, de temática relacionada co Exército do Aire, os seus integrantes, unidades, historia e tradicións, así como á actividade aérea nas súas diferentes facetas.
Premio único de narrativa ou poesía: 2.000 € e trofeo Plus ultra
Accésit: 1.000 € e placa

Modalidade de Promoción da cultura aeronáutica
Con esta distinción especial o Exército do Aire quere incentivar todas aquelas iniciativas de persoas, asociacións, fundacións e todo tipo de entidades públicas ou privadas, que contribúan á difusión e fomento da cultura aeronáutica en particular, e da cultura de defensa en xeral.
Premio:  4.000 € e trofeo Plus ultra

Prazo: Os traballos entregaranse, ou serán remitidos con acuse de recibo, á Oficina de Comunicación do Exército do Aire (R/ Romero Robledo 8. Porta  B-09. 28008 Madrid), entre os días 6 e 17 de maio de 2019 (ambos inclusive) en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres, consignándose no mesmo "Premios Exército do Aire 2019”, ademais da disciplina (e modalidade no seu caso) á que se presenta.

Máis información no BOE do 26 de marzo e en http://www.ejercitodelaire.mde.es/EA/premiosea/


VII Concurso Escolar de Poesía

 

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentaron a sétima edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro.

Haberá tres niveis de participación: 
1º ciclo da ESO (1º e 2º)
2º ciclo da ESO (3º e 4º)
Bacharelato.

As obras han de ser orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.

As persoas que desexen participar poden enviar os seus textos ata o 18 de maio e o fallo do concurso farase público o día 31 de maio. A entrega dos premios terá lugar o día 7 de xuño nun acto poético-musical na Casa-Museo, onde participarán os propios premiados e premiadas. E o 14 de xullo presentarase o libro cos poemas finalistas.

Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad e haberá dous áccesit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.

Máis información en http://rosalia.gal/events/vii-concurso-escolar-de-poesia/


Concurso de cómic manga, Norma Editorial

Norma Editorial convoca un Concurso de cómic manga

O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia  autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.

Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos (tanto de forma impresa como dixital).

A temática, estilo e xénero son totalmente libres e o proxecto para presentar debe consistir en:
•Resumo do argumento da obra nun espazo mínimo de 1 folla e máximo de 2 follas (a unha cara) así como un resumo de 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto. Tan só se aceptan arquivos DOC, RTF ou TXT. Outros formatos serán descartados.
•Creación das 8 primeiras páxinas (8 follas a unha cara) da obra. O gañador terá despois que seguir desenvolvendo a historia ata completar as 160 páxinas requiridas.
•Pode engadirse de maneira opcional unha portada (en branco e negro ou a cor) así como fichas dos personaxes.
•Datos persoais do autor ou autores: Nome e apelidos. Dirección completa. Correo electrónico. Teléfono. Ano de nacemento. Experiencia artística, se a hai. Nacionalidade.

Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital. En ningún caso deben enviarse os orixinais, debido a que en ningún caso devolveranse os materiais recibidos. As páxinas deben estar debuxadas a un tamaño proporcional a 11,5 x 17,5 cm (tamaño de impresión final), sendo ilimitado o tamaño máximo do bosquexo ou debuxo orixinal, pero limitado a 23 x 35 cm (máis 4 mm de sangue) como máximo para o documento  entintado e tramado.

Pode empregarse calquera técnica creativa, tendo en conta que a obra será en branco e negro e que debe estar entintada e cunha  rotulación lexible. Non se aceptarán traballos presentados a lapis ou a cor.

Pódense presentar un máximo de tres obras por autor, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo de autores.

prazo de admisión finaliza o 25 de agosto de 2019 ás 23:59, hora peninsular española.

Requisitos
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.

Dotación
O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 160 páxinas e ser publicada por Norma Editorial. Este contrato contemplará un anticipo en concepto de  royalties e dereitos de representación de 3.000 euros.

 


Máis información: 
Norma Editorial
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
https://www.normaeditorial.com/concursomanga/?page_id=3855 

 

Certame De Podcast E Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.

Poderá concorrer a este premio alumnado de sexto de educación primaria e de ESO de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral cursados fóra da Comunidade Autónoma con textos inéditos relacionados co persoeiro ao que se lle dedica en 2019 o Día das Letras Galegas.

O alumnado deberá concorrer ao premio con traballos compostos por un conto inédito e un podcast baseado nel. Os contos -inéditos e en lingua galega- estarán relacionados con Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.

O premio será 1.000 € e a emisión do mellor traballo gañador, así como a emisión dos dous que resulten finalistas con el.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 17 de maio de 2019

http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-18303.pdf


 Investigación científica en ensino primario

Profesorado de Ensino Primario en Galicia co alumnado da aula que se inscriba. A inscrición é individual e cada profesor/a participará coa súa aula.

Premios
- Primeiro premio: o/a profesor/a recibirá un equipo electrónico por determinar. A aula recibirá como obsequio a posibilidade de realizar unha visita especial ao Aquarium Finisterrae durante a que poderán participar na alimentación das focas e coñecer as instalacións non visibles ao público (inclúe todas as taxas municipáis e exclúe transporte e dietas). Tamén poderán presentar o seu traballo na feria científica Galiciencia, Ourense,
en maio de 2019.
- Segundo premio: o/a profesor/a recibirá un equipo electrónico por determinar. A aula recibirá como obsequio a posibilidade de realizar unha visita especial ao Aquarium Finisterrae durante a que poderán alimentar ás focas e coñecer as instalaciones non visibles ao público (inclúe todas as taxas municipáis e exclúe transporte e dietas).
- Terceiro premio: o/a profesor/a recibirá un equipo electrónico por determinar. A aula recibirá como obsequio a posibilidade de realizar unha visita especial ao Aquarium Finisterrae durante a que poderán alimentar ás focas e coñecer as instalaciones non visibles ao público (inclúe todas as taxas municipáis e exclúe transporte e dietas).

Investigación científica en ensino secundario obrigatorio

Dirixido a alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio en Galicia, individualmente ou en grupos, como máximo de 3 estudantes.

Premios
- Primeiro premio: o/a profesor/a e os/as alumnos/as gañadores recibirán un equipo electrónico por determinar. Presentación do traballo na feira científica Galiciencia, Ourense,
en maio de 2019.
- Segundo premio: o/a profesor/a e os/as alumnos/as gañadores recibirán un equipo electrónico por determinar.
- Terceiro premio: o/a profesor/a e os/as alumnos/as gañadores recibirán un equipo electrónico por determinar.

http://www.coruna.gal/mc2/es/detalle-contenido-texto/premio-luis-freire-de-investigacion-cientifica-en-la-escuela/contenido/1453625646540




  

 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 90 invitados conectado
Banner