Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

  

PREMIOS E CONCURSOS: 

 

 II Premio de Novela da Galicia Rural

O Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «II Premio de Novela da Galicia Rural».

Poderán optar ao «II Premio de Novela da Galicia Rural» aquelas autoras e autores que presenten novelas orixinais e inéditas, non publicadas ou divulgadas, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, escritas en lingua galega.

As obras deberán ter unha extensión mínima de 100 páxinas, en letra Times New Roman 12, interliñado 1,5 e marxes inferior e superior de 2,5 cm e marxes esquerda e dereita de 3cm.

Cada proposta deberá ser presentada exclusivamente en papel, entregándose 6 copias, impresas a dobre cara, debidamente encadernadas baixo lema e sen ningún dato que identifique á autora ou autor. No envío incluirase un sobre pechado que deberá conter no exterior o lema elixido e no seu interior os datos de autoría correspondente: Nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e unha declaración xurada na que se indique que se presenta unha obra totalmente orixinal e inédita. Estas propostas serán enviadas ao Concello de San Xoán de Río, Praza Gabino Rodríguez Álvarez, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense, indicando no exterior do sobre «II Premio de Novela da Galicia Rural».

As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2021

O premio consistirá na edición da obra por parte da Editorial Galaxia, unha contía en metálico de 2.000 €, máis a entrega dun diploma acreditativo.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-22928.pdf 

Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación

O Instituto da Mocidade convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación no ano 2021 para recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.

Esta convocatoria premiará os traballos que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo Impreso, Fotoperiodismo, Xornalismo Audiovisual e Xornalismo Dixital.

Para iso, premiaranse os traballos publicados entre o 1 de xullo de 2020 e o 6 de maio de 2021, enmarcados no ámbito do xornalismo social, entendido como aquel que asume a súa responsabilidade nos procesos sociais, reflexiona sobre o seu papel no devir social e preocúpase pola procura de solucións.

Premios: 5.000 € en cada unha das modalidades.

Quen poden participar?
Poderán tomar parte nestes Premios, as persoas físicas (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade, sexan de nacionalidade española ou sexan estranxeiros con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes (3 de xuño de 2021).

Prazo: 3 de xuño de 2021

Máis información no BOE do 6 de maio de 2021

XII Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca os XII Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais, correspondentes ao ano 2021, nas seguintes categorías:
- Excelencia á innovación na actividade agraria.
- Excelencia á innovación na actividade pesqueira.
- Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais.
- Excelencia á comunicación.

O obxectivo destes premios é distinguir proxectos novos, excelentes, orixinais e innovadores realizados por mulleres rurais e actuacións que recoñezan o traballo e o papel das mulleres no medio rural, así como promover a incorporación e inserción laboral das mulleres no territorio.

Co obxecto de recoñecer as destacadas ou continuas relacionadas co apoio, promoción e posta en valor das mulleres no medio rural ou zonas costeiras rurais, convócase a seguinte categoría de premio:
- Recoñecemento especial pola traxectoria vinculada ao apoio ás mulleres no medio rural.

Prazo de presentación de solicitudes: 4 de xuño de 2021.

Premios:
En cada unha das categorías premiaranse tres iniciativas, concedéndose un primeiro, segundo e terceiro premio de 18.000 euros, 12.000 euros e 7.500 euros, respectivamente.

Máis información no BOE do 4 de maio de 2021





  

 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 14 invitados conectado
Banner