Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) |
Página 2 de 8 CARNÉ XOVE ![]() ¿Gustaríache acceder a un montón de servicios como viaxes, deportes, música, moda, cursos, …? Seguro que sí. Poderás disfrutar destes servicios e moitos outros cunha morea de vantaxes para ti, en Galicia, con so te-lo Carné Xove nas túas mans durante os próximos anos
Outros carnés Ademais do Carné Xove, que podes tramitar na nosa OMIX, ofrecémosche información de como poder obter outros carnés que ofrecen moitas vantaxes, coma descontos en albergues, viaxes, cursos, etc, e son:
Centros Quérote+ son espacios da Dirección Xeral de Xuventude dirixidos á mocidade en
materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das Tics e
hábitos saudables. A atención é ANÓNIMA e GRATUITA. Podes contactar
por email,
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
por Whatsapp no 647 018
752 e persoalmente nas distintas oficinas: Agresión OFF é unha App institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e
consellos para evitar e prever agresións sexuais, así como pautas para saber a
onde dirixirse para maior apoio e información. http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/app-de-agresion Asesoramento Xurídico On-line Cumprimentando o seguinte formulario, as
persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico
gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de
consulta. FORMULARIO Teléfono da Muller O Teléfono da Muller
é o 900 400 273. As respostas proporcionadas a través
desta consulta terán carácter informativo e non terán efectos vinculantes para
a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos
persoais desde este portal. Centros de Información ás Mulleres Axudas económicas da Dirección Xeral de
Igualdade: A Xunta de Galicia a través de Igualdade
conta cunha liña de axudas económicas en materia de violencia de xénero Delegación do Gobierno para a Violencia
de Xénero Teléfono de atención: 016 (teléfono gratutito que non deixa rastro na factura pero é
preciso eliminar do rexistro do teléfono) # Ctrl non é amor, divertida
guía elaborada polo colectivo Saraiba composto por JUDITH VELASCO,
ESTHER ARIAS, SANDRA CARRACEDO, RAQUEL MONTESERÍN, ZORAIDA CHAO, ALBA VÁZQUEZ e
BENJAMÍN SALVADOR. Contaron coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude a
través do programa Iniciativa Xove PLAN CONTIGO DA POLICIA NACIONAL E DA GARDA CIVIL EN TUENTI Presentámosvos o PLAN CONTIGO, posto en marcha polo Ministerio do Interior do Goberno de España na ... rede social Tuenti, co fin de mellorar a vosa protección e previrvos ante posibles delitos.Trátase dun novo espazo virtual de comunicación, no que a Policía Nacional e Garda Civil ofrécenvos información sobre diversas cuestións que poden ser do voso interese como o acoso escolar, o alcohol e outras drogas, as bandas xuvenís, os riscos de internet ou a violencia de xénero.Así mesmo e a través da dirección Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla , resolveranvos calquera tipo de dúbida e proporcionaranvos axuda nas situacións problemáticas que podades estar a vivir. +INFO: www.tuenti.com/contigo
No Hate Baixo o lema No Hate Speech online (non ao discurso de odio na Rede), o Consello de Europa convocou esta Campaña que pretende mobilizar aos cidadáns, especialmente aos mozos, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos Dereitos Humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia na internet. En España, a Campaña está a ser impulsada polo Instituto da Mocidade, INJUVE como organismo da Administración Xeral do Estado especializado en mocidade e na promoción da participación xuvenil. Obxectivos xerais: A Campaña non pretende limitar a liberdade de expresión na internet, senón loitar contra a intolerancia e a incitación ao odio online en todas as súas formas, incluídas as que máis afectan os mozos, como as diferentes modalidades de ciberacoso. Estará baseada no ensino e difusión dos Dereitos Humanos, a participación dos mozos e a alfabetización dixital. Dentro da campaña No Hate, entre outros temas trátase o ciberbullying: Documento sobre ciberbullying Máis información en http://www.nohate.es/
900 018 018: teléfono contra o acoso escolar
O Ministerio de Educación poñerá en marcha a partir do día 1 de novembro o teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018 Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente. Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan. O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano. A chamada será gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún. Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada. 900 018 018
|