Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

OCIO E TEMPO LIBRE: 

 

 Campamento da Lanzada 2020

Desde a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Vilanova de Arousa, INFORMAMOS  de que xa saiu convocado o campamento da Lanzada da Deputación para este ano 2020:

     “AVENTURA NA LANZADA 2020”

Poderán participar todos os menores nacidos entre os anos 2007 e 2012, ambos os dous incluídos.

Haberá  desconto por familia numerosa e prazas gratuitas para familias con escasos recursos

O prazo de solicitude será ata o vindeiro 25 de marzo de 2020

 

+ INFO: Na OMIX do concello situada provisionalmente na aula cemit (ó lado da ORAL), telf.: 986 55 48 45 e en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

 CAMPAMENTOS “PRINCIPE FELIPE 2020”

 

 Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Vilanova de Arousa, INFORMAMOS  de que xa saiu convocado o campamento de PRINCIPE FELIPE para este ano 2020:

“CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRINCIPE FELIPE 2020”

 

Poderán participar todos aqueles menores que nacesen entre os anos 2006 e 2013, ambos os dous inclusive.

O plazo de solicitude será de 15 días hábiles, contados a partires do 25 de febreiro do presente

+ INFO: Na OMIX do concello situada provisionalmente na aula cemit (ó lado da ORAL). Telf: 986 55 48 45. Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

AXUDASLE 2020

 

A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020.

Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de marzo de 2020

 PARA MÁIS INFORMACIÓN: NA OMIX SITA TEMPORALMENTE NA AULA CEMIT, NO TELÉFONO 986 55 48 45OU POR MAIL EN Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  

 

 

Voluntariado en Espazos naturais 2020 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2020.

O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.

Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=405

As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona, serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os úteis de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Máis información:
Tfno: 881 999 567
Correo:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO 2020


RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO
Días 13, 14 e 15 de marzo de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada: 19:00 do día 13
Hora de regreso: 17:00h do día 15

PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA- SERRA DO XURÉS
Días 20, 21 e 22 de marzo de 2020
Actividades: adecuación no encoro e no río Salas, retirada de especies exóticas.
Punto de encontro e aloxamento: albergue O Corgo- Muíños
Hora de chegada: 19:00 do día 20 de marzo
Hora de regreso: 17:00h do día 22 de marzo

Días 17, 18 e 19 de abril de 2020:
Actividades: adecuación do tramo do río Limia desde Ponte Liñares ata Ponte de Nigueiroá, eliminación de especies exóticas.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 17 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 19 de abril

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
Días 20, 21 e 22 de marzo de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: Centro Etnográfico Río Mandeo. Teixeiro-Curtis
Hora de chegada: 19:00 do día 20 de marzo
Hora de regreso: 17:00h do día 22 de marzo

RIBEIRA SACRA-CANÓN DO SIL
Días 27, 28 e 29 de marzo de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: albergue A Fábrica da Luz. Parada de Sil
Hora de chegada 19:00 do día 27 de marzo
Hora de regreso: 17:00h do día 29 de marzo

Días 29, 30 e 31 de maio de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 29 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 31 de maio

ZEC ANCARES-COUREL
Días 8, 9, 10, 11 e 12 de abril de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: Campa da Braña. Cervantes
Hora de chegada 19:00 do día 8 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 12 de abril

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLAS CÍES)
Días 8, 9,10,11 e 12 de abril de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento: nas propias illas
Hora de chegada 19:00 do día 8 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 12 de abril

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE ONS)
Días 17, 18 e 19 de abril de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento: na propia illa
Hora de chegada 19:00 do día 17 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 19 de abril

Días 24, 25 e 26 de abril de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento na propia illa.
Hora de chegada 19:00h do día 24 de abril
Hora de regreso: 17:00h do 26 de abril

O COUREL-TRIACASTELA
Días 24, 25 e 26 de abril de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 24 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 26 de abril

PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO
Días 1, 2 e 3 de maio de 2020
Actividades: colocación de protectores de fauna, colaboración na vixilancia e prevención de incendios.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 1 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 3 de maio

Días 5, 6 e 7 de xuño de 2020
Actividades: colocación de protectores de fauna, colaboración na vixilancia e prevención de incendios.
Punto de encontro e aloxamento: Por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 5 de xuño
Hora de regreso: 17:00h do día 7 de xuño

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE CORTEGADA)
Días 1, 2 e 3 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 1 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 3 de maio

Días 8, 9 e 10 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 8 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 10 de maio

O COUREL-FOLGOSO DO COUREL
Días 8, 9 e 10 de maio de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 8 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 10 de maio

PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
Días 15, 16 e 17 de maio de 2020
Actividades: adecuación de miradoiros e rutas do parque, inventario e eliminación de flora invasora. Seguimento de rutas de aves e outra fauna do parque.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 10:00 do día 15 de maio
Hora de regreso: 19:00h do día 17 de maio

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE SÁLVORA)
Días: 15, 16 e 17 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento na propia illa.
Hora de chegada: 17:30 do día 15 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 17 de maio

Días 29, 30 e 31 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento na propia illa.
Hora de chegada: 17:30 do día 29 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 31 de maio

PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
Días 5, 6 e 7 de xuño de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro e aloxamento: Por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 5 de xuño
Hora de regreso: 17:00h do día 7 de xuño

O COUREL-QUIROGA
Días 12,13 e 14 de xuño de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: albergue de Quiroga.
Hora de chegada 19:00 do día 12 de xuño
Hora de regreso: 17:00h do día 14 de xuño

Inscricións:  http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=405

 

 Conecta con Galicia, para á mocidade da Galicia exterior

A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

O programa Conecta con Galicia desenvolverase na modalidade de aire libre:

Son 174 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos, en dúas quendas de 14 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, para a realización das seguintes actividades:

a) Cultura e camiño. As persoas participantes aloxaranse, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

b) O mar de Galicia. Aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.

c) Visitas a empresas punteiras de Galicia.

Requisitos das persoas participantes:
- Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
- Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
- Ter a nacionalidade española.
- Atoparse vinculadas con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Este requisito non será exixible ás persoas participantes procedentes do resto de España.
- As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2020, unha idade comprendida entre os 15 e os 20 anos.
- Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
- Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano desta convocatoria.
- Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de marzo de 2020
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930A
Máis información no DOG do 24 de febreiro de 2020 e en http://emigracion.xunta.es

 

Descontos no Mallorca Live Festival co teu carné xove

Chega a quinta edición do Mallorca Live Festival!  

O festival celebrarase os días 14, 15 e 16 de maio de 2020, en  Calviá, Mallorca.

Se es titular do carné xove podes comprar o abono anticipado en liña con descontos do 20% e o 25%. Así, o abono de dous días (venres e sábado) custarache 60,50€ en lugar de 82,50€ e o abono de tres días (xoves, venres e sábado) custarache 77€ en lugar de 99€, gastos de xestión incluídos.

O desconto aplicarase exclusivamente sobre o prezo do abono na venda anticipada en liña, será válido nos abonos de dous días e tres días e por un único abono por titular do carné xove. Para poder acceder ao recinto do Mallorca Ao vivo Festival co abono carné xove será imprescindible presentar o DNI e o carné xove vixente.

Atoparás máis información na web do Mallorca Live Festival



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 4 invitados conectado
Banner