Ayuntamiento

Sede Electrónica
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Pagamento de Recibos Online
Empleo y Cursos
Perfil do contratista
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS: 


 

Depointegra Xoven

 A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "DepoIntegra Xoven" co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo a mocidade en situación de desemprego que non participa nos sistemas de formación ou educación
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 29 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que ofrecen
- Axuda económica diaria para as persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- Itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en inglés, informática, busca de emprego, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais

Cando
Os itinerarios levaranse a cabo durante os primeiros meses do ano 2019.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- O Salnés

https://www.depo.gal/depointegra-xoven

 

Bolsas De "La Caixa"

A Obra Social "La Caixa" convoca bolsas de posgrao en Europa, en América do Norte e a zona de Asia-Pacífico, e bolsas de doutoramento e posdoctorado en España e Portugal.

Bolsas de Doutoramento INPhINIT Incoming. 35 bolsas de doutoramento para mocidade investigadora de todas as nacionalidades, para a realización de estudos de doutoramento nos centros españois acreditados cos distintivos Severo Ochoa ou María de Maeztu, Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III ou unidades portuguesas cualificadas como “excelentes” ou “excepcionais” pola  Fundação para a  Ciência e a  Tecnologia. Esta modalidade céntrase exclusivamente nas disciplinas STEM: ciencias da vida e a saúde, ciencias experimentais, física, química e matemáticas.  Solicitudes: ata o 6 de febreiro de 2019.

Bolsas de Doutoramento INPhINIT Retaining. 30 bolsas de doutoramento para  jovénes investigadores de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutoramento en calquera disciplina e en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.  Solicitudes: ata o 27 de febreiro de 2019.

Bolsas Posgrao en Europa. 75 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), salvo España.  Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2019.

Bolsas Posgrao en América do Norte e Asia-Pacífico. 45 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 20 de marzo de 2019.

 

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/programa-de-becas-de-posgrado/en-un-vistazo

 

Bolsas Para Estudar En Francia

O Ministerio francés de Asuntos Exteriores concede bolsas do goberno francés para cursar estudos, realizar prácticas ou estancias lingüísticas en Francia. Os Servizos de Cooperación e Acción Cultural das embaixadas e dos consulados xerais de Francia no estranxeiro conceden a maioría destas bolsas.

https://www.diplomatie.gouv.fr/es/venir-a-francia/estudiar-en-francia/estudiar-en-francia-becas/

 

Bolsas Para Estudar En Alemaña

O Servizo Alemán de Intercambio Académico oferta un programa de bolsas para estudos de posgrao e de idiomas en Alemaña

https://www.daad.es/es/encontrar-becas/becas-para-candidatos-en-espana/

 

Bolsas Para Estudar En China

O Ministerio de Educación da República Popular China convoca todos os cursos, entre outras, bolsas para cidadáns españois

Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada dea República Popular China en España
Tel: 913 883 988
E-mail:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

http://www.campuschina.org/scholarships/index.html

 

Bolsas De Formación No CIS

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca dez bolsas destinadas a posgraduados para a formación en métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.
Requisitos:
Estar en posesión do título de graduado ou licenciado 
cualificación media final igual ou superior a un 1.8 (segundo o baremo de base 0 a 4)

A contía de cada bolsa non poderá superar o importe de 13.000 € anuais por bolseiro 
O período de duración das bolsas de formación comezará desde a incorporación dos bolseiros e terminará o 31 de decembro de 2019

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xaneiro de 2019
Máis información no BOE do 11 de decembro de 2018 e en www.cis.es

 

Bolsas No Laboratorio Europeo De Investigación Nuclear, CERN

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 20 bolsas de especialización do programa FTEC- Spanish  Traineeship  Programme para mozos/as profesionais científicos e tecnólogos. As bolsas desenvolveranse no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos:
Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que comprendan unha formación académica nas áreas temáticas da convocatoria que cumpran que, no momento da publicación desta convocatoria, non transcorrese máis de catro anos desde a obtención do título universitario requirido.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2019.
Máis información no BOE do 15 de novembro de 2018 e en http://www.ciemat.es/portal.do?IDM=61&NM=2&identificador=1663

 

Bolsas Erasmus XL

Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos os estudantes das universidades españolas e que entregará 5.152 bolsas a beneficiarios das axudas Erasmus+.

O obxectivo do Programa é axudar aos estudantes universitarios que obtivesen unha Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2019/2020, fomentando deste xeito a mobilidade e formación no ámbito da Unión Europea.

As bolsas divídense en tres modalidades:
- 152 bolsas de Excelencia de 3.200 euros cada unha, para os 152 mellores expedientes académicos, os cales obtivesen unha bolsa  MECD ou posúan un Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- 2.000 bolsas de 500 euros cada unha para apoiar a túa estancia Erasmus.
- 3.000 axudas de 150 euros cada unha para apoiar a túa mobilidade.

Os beneficiarios das dúas primeiras modalidades de bolsa recibirán un Plan de Orientación Laboral para desenvolver capacidades imprescindibles no mundo laboral.

duración da bolsas é entre seis meses e un ano.

Prazo:  ata o 28 de febreiro de 2019

https://www.becas-santander.com/program/5b50549700a734001ff2901b

 

Convocatoria do XXV Premio Nacional de xornalismo gastronómico "Álvaro Cunqueiro"

 

Convocatoria do WWVº Premio Nacional de xornalismo gastronómico "Álvaro Cunqueiro"

O Concello de Lalín publica a Convocatoria do WWVº Premio Nacional de xornalismo gastronómico "Álvaro Cunqueiro"

 

Máis información: BOPPO Núm. 235, Venres, 7 de decembro de 2018

  

Curso De Monitores/As De Actividades De Ocio E Tempo Libre No Parque De Marcelle Natureza

A Escola de tempo libre Bulideira organiza un curso de Monitores/as de actividades de ocio e tempo libre no parque de Marcelle Natureza en Outeiro de Rei

Datas: 
19, 20, 26 e 27 de Xaneiro de 2019.
2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Febreiro de 2019.
e  2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Marzo de 2019.
Horarios:  Sábados e domingos de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas 
Prezo: 180 €.
Lugar: Instalacións e dependencias de Marcelle Natureza.
Escola de Tempo Libre Bulideira
R/ Serra de Outes 67, 1º C
27004 Lugo
www.bulideira.org 
Teléfono 669 432 111
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Monitor/A De Tempo Libre En Santiago De Compostela

 

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de monitor/a de tempo libre para os meses de febreiro, marzo, abril e maio e que se desenvolverá en modalidade de fins de semana

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Febreiro: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Marzo: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Abril: 6, 7, 13, 14, 27, 28
Maio: 4, 5

Horarios:  De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Total prazas:  25 alumnos
Prezo:  250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O curso pode incluír:  12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

http://cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/cursos

 

Depointegra Xoven

 

A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "DepoIntegra Xoven" co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo a mocidade en situación de desemprego que non participa nos sistemas de formación ou educación
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 29 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que ofrecen
- Axuda económica diaria para as persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- Itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en inglés, informática, busca de emprego, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais

Cando
Os itinerarios levaranse a cabo durante os primeiros meses do ano 2019.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- O Salnés

https://www.depo.gal/depointegra-xoven

 

Bolsas No Laboratorio Europeo De Investigación Nuclear, CERN

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 20 bolsas de especialización do programa FTEC- Spanish  Traineeship  Programme para mozos/as profesionais científicos e tecnólogos. As bolsas desenvolveranse no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos:
Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que comprendan unha formación académica nas áreas temáticas da convocatoria que cumpran que, no momento da publicación desta convocatoria, non transcorrese máis de catro anos desde a obtención do título universitario requirido.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2019.
Máis información no BOE do 15 de novembro de 2018 e en http://www.ciemat.es/portal.do?IDM=61&NM=2&identificador=1663

  

Curso De Monitores/As De Actividades De Ocio E Tempo Libre No Parque De Marcelle Natureza

 

A Escola de tempo libre Bulideira organiza un curso de Monitores/as de actividades de ocio e tempo libre no parque de Marcelle Natureza en Outeiro de Rei

Datas: 
19, 20, 26 e 27 de Xaneiro de 2019.
2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Febreiro de 2019.
e  2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Marzo de 2019.
Horarios:  Sábados e domingos de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas 
Prezo: 180 €.
Lugar: Instalacións e dependencias de Marcelle Natureza.
Escola de Tempo Libre Bulideira
R/ Serra de Outes 67, 1º C
27004 Lugo
www.bulideira.org 
Teléfono 669 432 111
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Monitor/A De Tempo Libre En Santiago De Compostela

 

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de monitor/a de tempo libre para os meses de febreiro, marzo, abril e maio e que se desenvolverá en modalidade de fins de semana

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Febreiro: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Marzo: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Abril: 6, 7, 13, 14, 27, 28
Maio: 4, 5

Horarios: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

http://cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/cursos

 

600 cursos online gratis de 190 universidades do mundo

No portal da Ciencia Galega, GCIENCIA, recompilan 600 cursos online gratis que lanzan 190 universidades do mundo.  

 Universidades de todo o mundo ofrecen seus cursos en liña de xeito gratuíto (ou polo menos parcialmente de balde). Estes cursos denomínanse MOOCS ou Cursos en liña masivos e abertos.

Neste enlace podes ver a recompilación de 600 cursos interesantes: https://www.gciencia.com/universidade/600-cursos-online/

 

Bolsas Erasmus XL

Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos os estudantes das universidades españolas e que entregará 5.152 bolsas a beneficiarios das axudas Erasmus+.

O obxectivo do Programa é axudar aos estudantes universitarios que obtivesen unha Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2019/2020, fomentando deste xeito a mobilidade e formación no ámbito da Unión Europea.

As bolsas divídense en tres modalidades:
- 152 bolsas de Excelencia de 3.200 euros cada unha, para os 152 mellores expedientes académicos, os cales obtivesen unha bolsa  MECD ou posúan un Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- 2.000 bolsas de 500 euros cada unha para apoiar a túa estancia Erasmus.
- 3.000 axudas de 150 euros cada unha para apoiar a túa mobilidade.

Os beneficiarios das dúas primeiras modalidades de bolsa recibirán un Plan de Orientación Laboral para desenvolver capacidades imprescindibles no mundo laboral.

duración da bolsas é entre seis meses e un ano.

Prazo: ata o 28 de febreiro de 2019

https://www.becas-santander.com/program/5b50549700a734001ff2901b


Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos

 

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.  


 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 39 invitados conectado
Banner