Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2021/25
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

CARNÉ XOVE 

SOMOS OFICINA ACTIVADORA DO CARNÉ XOVE Ó DISPOÑER DA IMPRESORA DIXITAL NECESARIA 

 

 
 

Centros Quérote+ son espacios da Dirección Xeral de Xuventude dirixidos á mocidade en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das Tics e hábitos saudables. A atención é ANÓNIMA e GRATUITA. Podes contactar por email,  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  por Whatsapp no 647 018 752 e persoalmente nas distintas oficinas:  
    Quérote + Santiago.  Rúa Ramón Piñeiro, 19. Tlf: 881 997 613
    Quérote + A Coruña.  Praza de Ourense, 7-8 1º. Tlf: 981 223 913 
    Quérote + Ferrol.  Rúa Santa Comba 61. Tlf: 981 317 027
    Quérote + Lugo. Complexo Xuvenil LUG II Rúa Pintor Corredoira 4. Tlf: 982 241 732
    Quérote + Ourense.  No Espazo Xove na rúa Celso Emilio Ferreiro 27 4º. Tlf: 988 231 470
    Quérote + Vigo.  Rúa Ferrería 41. Tlf: 986 095 977

Agresión OFF é unha App institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e consellos para evitar e prever agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para maior apoio e información.  http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/app-de-agresion

Asesoramento Xurídico On-line
A Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha este servizo on-line para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, agresións e abusos sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo, prostitución e trata, etc.

Cumprimentando o seguinte formulario, as persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de consulta.  FORMULARIO 

Teléfono da Muller
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.

    O Teléfono da Muller é o 900 400 273.

As respostas proporcionadas a través desta consulta terán carácter informativo e non terán efectos vinculantes para a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos persoais desde este portal.

Centros de Información ás Mulleres
Existen diversos CIM en toda Galicia: https://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/centros-de-informacion-mulleres

Axudas económicas da Dirección Xeral de Igualdade: A Xunta de Galicia a través de Igualdade conta cunha liña de axudas económicas en materia de violencia de xénero

Delegación do Gobierno para a Violencia de Xénero
http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/informacionUtil/recursos/telefono016/home.htm

Teléfono de atención: 016 (teléfono gratutito que non deixa rastro na factura pero é preciso eliminar do rexistro do teléfono)

# Ctrl non é amor, divertida guía elaborada polo colectivo Saraiba composto por JUDITH VELASCO, ESTHER ARIAS, SANDRA CARRACEDO, RAQUEL MONTESERÍN, ZORAIDA CHAO, ALBA VÁZQUEZ e BENJAMÍN SALVADOR. Contaron coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Iniciativa Xove


PLAN  CONTIGO DA POLICIA NACIONAL E DA GARDA CIVIL EN TUENTI

Presentámosvos o PLAN CONTIGO, posto en marcha polo Ministerio do Interior do Goberno de España na ... rede social Tuenti, co fin de mellorar a vosa protección e previrvos ante posibles delitos.Trátase dun novo espazo virtual de comunicación, no que a Policía Nacional e Garda Civil ofrécenvos información sobre diversas cuestións que poden ser do voso interese como o acoso escolar, o alcohol e outras drogas, as bandas xuvenís, os riscos de internet ou a violencia de xénero.Así mesmo e a través da dirección Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla , resolveranvos calquera tipo de dúbida e proporcionaranvos axuda nas situacións problemáticas que podades estar a vivir. +INFO: www.tuenti.com/contigo

 

No Hate

Baixo o lema No Hate Speech online (non ao discurso de odio na Rede), o Consello de Europa convocou esta Campaña que pretende mobilizar aos cidadáns, especialmente aos mozos, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos Dereitos Humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia na internet.

En España, a Campaña está a ser impulsada polo Instituto da Mocidade, INJUVE como organismo da Administración Xeral do Estado especializado en mocidade e na promoción da participación xuvenil.

Obxectivos xerais:
Aumentar a conciencia sobre as expresións da intolerancia e o odio na internet e sobre os riscos que estas comportan para a democracia.
Implicar aos mozos para que loiten polos Dereitos Humanos (DDHH) na internet e dotarlles de medios e coñecementos.
Detectar os focos e formas do discurso do odio, o seu impacto e a súa percepción, para ter un coñecemento global da situación, e reducir os seus niveis de aceptación.
Mobilizar mozos polos DDHH e formalos para que actúen contra o racismo e a discriminación.
Apoiar e solidarizarse coas persoas e os grupos obxecto da expresión da intolerancia e odio on-line.
Motivar a participación da mocidade e a cidadanía en xeral.
Avogar por consensos sobre os instrumentos da política europea para combater a incitación á intolerancia e ao odio na internet.

A Campaña non pretende limitar a liberdade de expresión na internet, senón loitar contra a intolerancia e a incitación ao odio online en todas as súas formas, incluídas as que máis afectan os mozos, como as diferentes modalidades de ciberacoso.

Estará baseada no ensino e difusión dos Dereitos Humanos, a participación dos mozos e a alfabetización dixital.

Dentro da campaña No Hate, entre outros temas trátase o ciberbullying: Documento sobre ciberbullying

Máis información en http://www.nohate.es/

 

900 018 018: teléfono contra o acoso escolar

 

O Ministerio de Educación poñerá en marcha a partir do día 1 de novembro o teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018

Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente.

Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada será gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.

900 018 018

 

 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 6 invitados conectado
Banner