Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS: 

 

 A Concellería de Xuventude informa da convocatoria de prazas de persoas colaboradoras bolseiras nos Centros Residenciais Docentes

 

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2020/2021, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

Requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2020.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2020/21.
A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
Non obstante, os solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculados no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50% do créditos indicados.

Incompatibilidades
1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

Residencias:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/

As bolsas solicitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de agosto de 2020.
Máis información no DOG do 22 de xuño de 2020 e en www.edu.xunta.es

 

Axudas económicas para a formación práctica en empresas

 

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de Artes Plásticas e deseño, Ensinanzas Deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Requisitos
Alumnado matriculado en centros públicos de Galicia e centros privados en ensinanzas concertadas, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019.

Convócanse dous prazos de presentación de solicitudes:
1. O primeiro prazo ata o 30 de xullo, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
O alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2020. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2020 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

Contía da axuda.
A) Alumnado que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
Na Comunidade Autónoma:
Ata un máximo de 300 € cando se cumpran as seguintes condicións:
- O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.
- O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP dual.
A contía que percibirá o alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou, no caso da FP dual, do número de xornadas de permanencia na empresa.
Fóra da Comunidade Autónoma.
Percibirán unha cantidade fixa de 200€ aínda que realicen a FCT ou a FP dual en varios centros de traballo.

B) Alumnado que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.

Unión Europea:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120 € contía base e 72 € por semana
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180 € contía base e 120 € por semana
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia: 240 € contía base e 150 € por semana
Non integrados na Unión Europea:
Europeos: 180 € e 120 € por semana
Doutros continentes: 240 € e 150 € por semana

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 10 de xuño de 2019 e en www.edu.xunta.es/fp

 

 Ata o 31 de xullo: axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

 

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, no curso académico 2019-2020, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Requisitos dos solicitantes:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítima de violencia de xénero; vítima de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2019/20. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020.
c) Estar matriculado, no curso académico 2019/20, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle falte un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020, multiplicada por 1,50.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazos:
- Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda , o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2020.
Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo nestes casos, a
data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2020

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A
Máis información no DOG do 13 de xaneiro de 2020 e en  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

 

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21

Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2020/21 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao 
limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación (Boletín Oficial del Estado núm. 167, do 13 de xullo).

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 565,87 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.
d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

Prazos:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato ata o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos ata o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 9 de xuño de 2020 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

O limiar 2 de renda familiar:

   Familias dun membro: 13.236
   Familias de dous membros: 22.594
   Familias de tres membros: 30.668
   Familias de catro membros: 36.421
   Familias de cinco membros: 40.708
   Familias de seis membros: 43.945
   Familias de sete membros: 47.146
   Familias de oito membros: 50.333


Ingreso mínimo vital

 

O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

Idade a partir dos 23 anos

A solicitude realizarase no modelo normalizado, acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
A solicitude presentarase, preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social

http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/FAQ/48581/42b9f3e8-8eea-4106-864e-2b5bdad27269#IMV2 

Máis información: BOE Núm. 154, luns 1 de xuño de 2020.  https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/01/pdfs/BOE-A-2020-5493.pdf 

 

Reanúdase o prazo para solicitar as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C

 

Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade

O FSE inviste no teu futuro

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C. 
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020

Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020

Consulta o folleto informativo

Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
  Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
  Espazos Xoves
  Cámaras de Comercio
  Oficinas Municipais de información Xuvenil

Temporalmente, mentres dure o estado de alarma podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil


Prácticas en Walt Disney Company

Walt Disney Company convoca prácticas na súa empresa

The Walt Disney Company está a ofrecer unha serie de programas de prácticas para aquelas persoas que desexen adquirir competencias e mellorar o seu currículo nesta multinacional estadounidense.

Os lugares onde se realizarán as prácticas son:
Bristol (estado de Connecticut)
Nova York
Os Ánxeles (California)

https://www.disneyanimation.com/careers/interns-apprentices

 

 

  

Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos

 

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.  


 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 13 invitados conectado
Banner