Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

  

PREMIOS E CONCURSOS: 

 

 

 Premios Talento Mozo Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos.

Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan terán as seguintes modalidades:
- Ciencia.
- Rural.
- Deporte.
- Empresa.
- Cultura e Creación.

Premios
- Outorgarase un premio de 5.000 euros por cada unha das modalidades.
- As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
- Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
- Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2019
Máis información no 
DOG do 21 de outubro de 2019

 

Queres escribir un libro ou facer un cómic?

O Ministerio de Cultura e Deporte convoca axudas a proxectos de creación literaria de obras orixinais, en lingua castelá e outras linguas do Estado, nas seguintes modalidades: narrativa (novela, novela curta e relato), poesía, literatura infantil e xuvenil, cómic, ensaio e teatro.

Requisitos: Persoas maiores de idade, de nacionalidade española ou con residencia en España.
prazo para  presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de novembro de 2019.
Máis información no BOE do 26 de outubro de 2019 e en
http://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/convocatorias-abiertas.html

 

Outra + Outra 2019

A Fundación Paideia Galiza, titular de Estudios MANS convoca o Programa OUTRA + OUTRA 2019:  Concurso de bandas emerxentes para a financiación dun programa de actuacións e gravacións dirixido aos grupos e/ou músicos noveis, sen obra editada, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de valores artísticos emerxentes na provincia da Coruña, apoiando o traballo de grupos e solistas co fin de facilitar a súa participación nos circuítos profesionais e súa promoción discográfica.

Cada grupo ou solista participante deberá presentar un tema orixinal mediantea plataforma Soundcloud, copiando o seu iframe no formulario de inscrición facilitado na páxina web http://outraoutra.estudiosmans.com
A convocatoria está aberta a traballos de calquera estilo musical.
Os temas presentados deberán ser orixinais e inéditos en letra e música, e non se admitirán temas xa editados.
No caso de presentar un tema dunha banda integrada por varias persoas, só poderá presentala a concurso unha delas, que será a representante do grupo.

presentación dos temas poderá realizarse ata ás 12:00 horas pm do 6 de novembro de 2019.

A selección dos gañadores levarase a cabo a través dun concerto-audición que terá lugar o día 29 de novembro de 2019, na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, á que concorrerán 5 finalistas.

Nesta audición seleccionarase a 2 gañadores finais.

O primeiro premio dará dereito a gravación, mestura e masterización dun EP de duración máxima de 20 minutos (ou 4 temas) e a gravación dun video promocional en falso directo nos Estudios Mans na Coruña.
E, un segundo premio, que terá dereito a gravación, mestura e masterización dun single de duración máxima de 5 minutos e a gravación dun video promocional en falso directo nos Estudios Mans na Coruña.

http://outraoutra.estudiosmans.com

 

II concurso de microrrelatos de terror

A Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés convoca o II concurso de microrrelatos de terror

Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos
Cada participante  presentará un único relato cunha extensión máxima de 200 palabras.
Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.
Os traballos presentados  deberán ser escritos, en galego ou castelán

Prazo
O prazo de admisión  dos relatos estará aberto ata o 14 de decembro, debendo ser entregados na biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,  asinados e cos seus datos persoais engadidos, (nome, dirección postal, correo electrónico e teléfono)

O xurado seleccionará un máximo de 3 traballos.

Premios
1º premio:  lote de libros e publicación nas redes sociais da biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.
2º premio:  lote de libros
3º premio:  lote de libros

A resolución do xurado farase pública o 21 de decembro, e comunicarase aos premiados por medio do correo electrónico ou teléfono.

https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl/actualidade/axenda/ii-concurso-de-microrrelatos-de-terror

 

30º Concurso Fotográfico "Camiños de Ferro"

A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca o 30º Concurso Fotográfico "Camiños de Ferro" co obxectivo de fomentar a creatividade no ámbito do ferrocarril. O concurso fotográfico "Camiños de Ferro" segue sendo fonte de inspiración e creatividade para todos os amantes do tren e da fotografía. Este certame converteuse nun dos máis prestixiosos, a nivel nacional e internacional, e é moi valorado polos profesionais e afeccionados ao mundo da fotografía.

Cada concursante presentará un máximo de tres fotografas individuais ou unha serie fotográfica relacionadas co mundo do ferrocarril. As fotografías serán inéditas e só poderán ser presentadas polos seus propios autores.

Preseleccionaranse un máximo de 150 obras, entre fotografías individuais e series, coas que se realizarán exposicións en formato dixital.

As obras preseleccionadas deberanse presentar en formato papel para optar á selección e aos premios. As fotografías individuais poderán ter unha mancha de imaxe libre, nun papel cun formato mínimo de 24x30 cm e máximo de 40x60 cm. O tamaño total das series non poderá exceder de 90x45 cm (horizontal ou vertical).

Seleccionaranse 70 fotografías finalistas, que se publicarán nun catálogo e expoñeranse nos lugares que a Fundación estime de interese.

As fotografías enviaranse ata o 21 de xaneiro de 2020 en formato dixital a través do formulario da páxina web do certame (jpg máximo 1,5 MB). As series estarán formadas por tres, catro ou cinco fotografas, montadas nun único ficheiro.

Poden optar ao Premio Autor Novo fotógrafos de ata 25 anos cumpridos durante 2019.

Dotación
4.000 euros do primeiro premio
2.000 do segundo premio
1.200 para o autor novo
catro accésits de 300 euros.

Máis Información: https://ffe.es/caminosdehierro/informacion/PDF_bases/30CH-Bases.pdf

 

Premios de Mocidade da OIJ

O Organismo Internacional da Mocidade para Iberoamérica (OIJ) convoca a segunda edición dos Premios de Mocidade, co propósito de visibilizar procesos de cambio social liderados por mozos/as que, a través das súas ideas e accións, innovan e suman a máis actores neste compromiso coa transformación.

O obxectivo da convocatoria é recoñecer e impulsar iniciativas de transformación social lideradas pola mocidade, que motiven o compromiso doutros actores, fundaméntanse na innovación e teñan resultados identificables.

Poderase participar en sete categorías:
- Activismo:  iniciativas de mobilización social ou incidencia política a favor dos dereitos e a igualdade que no seu desenvolvemento involucran aos grupos afectados e xeran opinión pública.
Arte en común:  iniciativas que apropian a arte e a cultura como ferramentas de transformación social e política, vinculando ás comunidades nos procesos creativos.
Economía circular:  iniciativas emprendedoras que favorecen o equilibrio entre os procesos de produción e consumo, promovendo a sustentabilidade ambiental.
- Influencers:  que xeran opinión pública e mobilización a través das redes sociais, reivindicando e mostrando un compromiso sostido cunha causa particular, que inspira de maneira positiva á súa comunidade creada.
Narrativa dixital:  investigación, experimentación e creación de historias a través de novos formatos dixitais, que xeran conciencia crítica e impulsan accións transformadoras.
Sen fronteiras ao coñecemento:  estratexias de produción, difusión e aplicación de coñecemento que involucran de forma activa a comunidades ou grupos en situación de vulnerabilidade ou en rega de exclusión.
Solucións tecnolóxicas:  iniciativas que, facendo uso de calquera soporte tecnolóxico, achegan ao benestar de persoas ou comunidades.

As candidaturas poderanse presentar en español ou portugués e a inscrición realizarase exclusivamente online, a través da ligazón  https://oij.org/

Recepción de candidaturas: ata as 18:00 (hora Madrid) do 4 de novembro de 2019.

Requisitos
Poderán participar mocidade de calquera dos países da Comunidade Iberoamericana de Nacións que teñan entre 15 e 35 anos, cumpridos ao momento de presentar a súa candidatura.

Tamén poderán participar agrupacións ou colectivos nos que as persoas mozas representen polo menos o 75% da súa conformación.

 

https://oij.org/premios-iberoamericanos-de-juventud/

 

Consumópolis15: Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?


O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e a Comunidades Autónomas organizan o concurso escolar Consumópolis15: Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?

O obxectivo do concurso é promover a reflexión, de forma consciente, crítica e solidaria, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a realización das actividades que se propoñen nas dúas partes das que consta o concurso

A participación no Concurso materializarase a través das actividades que deberán desenvolver os concursantes no portal de Internet Consumópolis, www.consumopolis.es

O equipos deberán ser inscritos polo docente coordinador directamente no portal de Internet de Consumópolis.

Participantes: escolares que estean matriculados en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional en calquera dos seguintes  niveis:
a) Nivel 1: Quinto e sexto cursos de Educación Primaria.
b) Nivel 2: Primeiro e segundo cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Nivel 3: Terceiro e cuarto cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
A inscrición farase por equipos de 5 concursantes.

O período de inscrición dos equipos estará aberto ata o 14 de febrero de 2020.

Na primeira parte do concurso, os cinco integrantes do equipo deberán completar o percorrido pola cidade de Consumópolis resolvendo diversas probas, de carácter pedagóxico e lúdico, que se presentarán aos participantes ao longo deste.
Os concursantes poderán completar o percorrido pola cidade de Consumópolis ata o 23 de marzo de 2020.

Considérase que un equipo finalizou esta primeira parte e, por tanto, pode continuar coa súa participación no concurso e realizar a segunda parte, cando os cinco membros do equipo completasen o percorrido. Entenderase completado o percorrido polos participantes despois de realizar as seguintes probas: «Ordena as letras», «Catro imaxes para unha palabra», «O mellor dos catro», «Verdadeiro/Falso», «Boa memoria», «A foto escondida», «A cidade misteriosa» e «Cadea de preguntas». Todas estas probas son obrigatorias.

segunda parte, coa que se pretende fomentar o traballo en equipo, consiste no deseño, elaboración e presentación dun cómic que deberá incluír un ou varias mensaxes dirixidas a mozas do mesmo rango de idade e que apoie o lema da edición deste ano.

Unha vez superada estas dúas partes poderase participar na fase autonómica coa convocatoria que faga a Xunta de Galicia. Os gañadores de cada Comunidade pasarán á fase nacional.

Premios:
As Comunidades Autónomas organizadoras do Concurso establecerán os premios que se concederán aos respectivos gañadores autonómicos.
Os premios nacionais do Concurso consistirán nun ordenador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o profesor que coordinase os equipos gañadores.
Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores.
Os centros educativos aos que pertenzan os equipos gañadores, recibirán un premio en metálico de 2000 € e un diploma acreditativo para o centro.

Máis información en www.consumopolis.es  e no BOE do 4 de outubro de 2019

 

16ª edición do Concurso de Poesía ANOMAR

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a XVI edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.

As categorías do concurso están divididas por idades:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.
– 2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e
– 3ª categoría: a partir de 18 anos.

Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro 8
15894 Os Tilos-Teo
A Coruña

ou se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo:

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla , a obra será remitida como arquivo axunto, sen poñer o nome da persoa, e no corpo do correo electrónico terán que constar os datos da autora/autor. No asunto indicarase XVI Concurso de Poesía ANOMAR.

O prazo para participar estará aberto ata o 12 de novembro de 2019.

A decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 29 de novembro de 2019.

http://asociacion.arcostilos.org/xvi-concurso-de-poesia-anomar/

 

XXX Premio Internacional de Investigación Vitoria Kent

A Universidade de Málaga convoca o XXX Premio Internacional de Investigación Vitoria Kent

O contido dos traballos presentados deberá versar sobre un tema relacionado cos estudos das mulleres, de xénero ou feministas, desde calquera disciplina científica.

Se se presentan Teses Doutorais e traballos de investigación, terán que ser relaborados en título, estrutura e contido para evitar duplicidades cos repositorios universitarios.
Os orixinais deberán ter unha extensión comprendida entre 150 e 300 páxinas, incluídas notas, bibliografía e apéndices, con  interlineado de espazo e medio. Enviaranse en formato PDF á dirección seguinte:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

prazo de recepción de orixinais finaliza o 12 de xaneiro de 2020.

Requisitos
Poderán concorrer cantas investigadoras e investigadores deséxeno, sempre que as obras sexan inéditas, escritas en español, incluídas as citas literais, non sendo premiadas noutros certames nin publicadas nin difundidas na súa totalidade en ningún soporte.

Dotación
- O XXX Premio Internacional de Investigación Vitoria Kent está dotado con 2.000 euros.
- O Seminario de Estudos Interdisciplinarios da Muller da Universidade de Málaga – S.E.I.M.-, en colaboración con  UMA Editorial, comprométese á publicación da obra gañadora na Colección Atenea-Estudos de Xénero, en formato papel e en versión electrónica.
- Así mesmo, concederase un accésit de 1.000 euros, que tamén será publicado na Colección Atenea-Estudos de Xénero, en papel e en soporte electrónico.

https://www.uma.es/media/files/bases-premio-victoria-kent-2019.pdf

 

 

Reporteiros na Rede

A Fundación Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede.

O concurso Reporteiros na Rede é unha proposta de ámbito nacional para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía. Os alumnos interesados poderán optar por participar nunha ou varias das temáticas, podendo usar unha das modalidades ou ambas.
Dirixido a:  profesores e alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Básico e Medio. A idade máxima do alumnado será de 20 anos.
Os traballos pódense presentar en dúas modalidades: artigo escrito e vídeo.

Áreas temáticas:
Ciencia e tecnoloxía.  O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado co desenvolvemento do pensamento cinetífico e aboradar os saberes ou coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía.
Mobilidade.  O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado coa mobilidade do futuro: intelixente, conectada e sustentable.
Educación financieira.  Traballos relacionados con coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes que permitan ás persoas tomar decisións financeiras na súa vida diaria.

Os obxectivos deste concurso son:
- Complementar a formación e a educación dos alumnos participantes a través do uso e manexo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
- Incentivar e adestrar aos estudantes no labor de investigación e na procura da información, dos coñecementos e conceptos necesarios para levar a cabo un traballo divulgativo aplicando a metodoloxía colaborativa e por proxectos.
- Mellorar a destreza do alumno no bo uso da internet como fonte de información útil para os seus estudos curriculares e outros coñecementos que complementen a súa formación.

Inscrición:  ata o 17 de xaneiro de 2020.

www.fundacionibercaja.es/reporterosenlared

 

XXV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López 

O Concello de Pradela convoca o XXV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López.

Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.

Categorías e requisitos das obras.

Narrativa:
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.

Poesía:
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ambas categorías, deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.

Especial Camiño de Santiago:
Cos mesmos requisitos sinalados nos parágrafos anteriores, tendo en conta a celebración da XXV Edición do Certame, o paso do Camiño Francés por Paradela e a celebración no Ano 2021 do Ano Xacobeo, créase para esta Edición unha modalidade relativa ao Camiño de Santiago, en especial referida ao Camiño Francés ao seu paso por Paradela.
Nesta modalidade concorrerán de xeito conxunto tanto as obras de narrativa coma as de poesía.

Presentación das obras.
O prazo de entrega stará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:

CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa/Especial Camiño de Santiago)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela. Lugo

En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla , deberán enviarse no mesmo correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, D.N.I. ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, dirección de correo electrónico (no seu caso) e declaración formal de que a obra é axustada ás normas.
Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.

Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago:
1º Premio: 1.000 €

http://www.paradela.es/sites/default/files/Bases_Certame_Literario-castelan.pdf

 

XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O Concello de Dodro convoca a XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Neste certame poderán participar os/as poetas que o desexen, sempre e cando os traballos estean escritos en lingua galega e se axusten aos parámetros normativos do xénero narrativo que se convoca.
Os escritos deben ser orixinais, inéditos, non estaren comprometidos con ningunha editorial, non teren concorrido a outro certame pendente de resolución nin teren sido premiados.

Os traballos aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deben presentarse catro copias mecanografadas, soamente polo anverso e en papel tamaño DIN A-4, ao seguinte enderezo:

“XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro. A Coruña

Os poemarios ostentarán un título e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre pechado que conteña: copia
do DNI do/a autor/a, datos de contacto -enderezo e teléfono-, breve currículo literario, lapis de memoria ou CD coa copia
orixinal da obra, así como unha declaración xurada sobre a autoría e a orixinalidade desta.

prazo para presentar poemas estará aberto ata o 11 de novembro de 2019.
A dotación do premio é de 2.300 €. Terá, á súa vez, o carácter de anticipo de dereitos de autoría pola primeira edición da obra. O/a autor/autora recibirá gratuitamente 25 exemplares desta.

Máis información no BOP da Coruña do 19 de xullo de 2019 e en http://www.concellodedodro.org/








  

 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 3 invitados conectado
Banner