Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2019/20
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS: 

 

Formación en IGUALDADE

 

O Servizo de Voluntariado e Participación, da Dirección Xeral de Xuventude, ven de convocar o curso "Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero 2019"

As primeiras edicións comezan a primeira semana de setembro.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Nº de horas: 16

Nº de prazas: 15

Contidos:
Módulo I. A figura da persoa voluntaria no contexto da violencia de xénero.
Módulo II. Conceptos básicos en igualdade e xénero.
Módulo III. Orixes Da Violencia De Xénero.
Módulo III. Recursos Existentes. Prevención E Afrontamento Da Violencia De Xénero. Boas Prácticas

Nº de edicións: 10 (Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía e Betanzos)
Nº de prazas: 15 por edición

Modalidade: presencial

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil Santiago: do 10 a 13 de setembro de de 16 a 20 horas
Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo: 10, 12, 13 de setembro de 16 a 21 horas
Espazo Xove de Ourense: do 17 a 20 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Albergue Xuvenil Lug II: do 17 a 20 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Espazo Xove de Vilalba: 24 a 27 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Centro Quérote A Coruña: do 24 a 27 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Edificio Administrativo Ferrol: do 1 a 4 de outubro de 16:00 a 20:00 horas
Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra: do 1 a 4 de outubro de 16:00 a 20:00 horas
Espazo Xove de Vilagarcía: do 8 a 11 de outubro de 16:30 a 20:30 horas
Espazo Xove de Betanzos: do 8 a 11 de outubro de 16:00 a 20:00 horas

 

Bolsas para os cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán nas súas sedes durante o ano 2021.

Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario solicitado.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo estudante.

Requisitos:
- Ter matrícula formalizada no curso académico 2020/2021 ou 2021/2022 en estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutoramento nunha Universidade española, ou do EEES ou en calquera outro estudo que equivalla a eles, segundo a normativa vixente.
- Ou ben finalizar calquera dos estudos oficiais enumerados con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.
- Nota media na titulación: deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico de Grao igual ou superior a 7 sobre base 10

A concesión das bolsas non se realiza mediante abonos directos aos estudantes, senón que consiste na exención do abono de determinados prezos polos servizos académicos, de aloxamento e de restauración prestados pola Universidade.

Prazos de solicitude:
- Para as bolsas correspondentes aos Cursos da Sede en Santander ata o 31 de maio de 2021.
- Para as bolsas de matrícula do resto de sedes, establécense os seguintes prazos:
Ata o día 15 de maio para os cursos que se celebren do 20 de xuño ao 15 de Julio
Ata o día 15 de xuño para os cursos que se celebren do 16 de xullo ao 10 de setembro de 2021.
Ata o día 15 de agosto para os cursos que se celebren do 13 ao 30 de setembro de 2021.
Ata o día 5 de setembro para os cursos que se celebren en outubro de 2021
Ata o día 15 de outubro para os cursos que se celebren en novembro e decembro de 2021.

Máis información no BOE do 17 de maio de 2021 e en http://www.uimp.es/cursos-de-verano-en-santander.html

 

Inmersión Lingüística en inglés para 2º da ESO e 6º Primaria

O Ministerio de Educación convoca 272 axudas (144 axudas para grupos de alumnos/as de 6º de Educación Primaria e 128 axudas para grupos de alumnos/as de 2º de ESO) para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en lingua inglesa durante o curso 2021/2022, realizado en dous períodos diferenciados no outono de 2021 e primavera de 2022.

Quendas:
O período de outono de 2021 desenvolverase en 7 quendas semanais de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo co seguinte calendario:
- Primeira quenda do 26 de setembro ao 2 de outubro
- Segundo quenda: do 3 ao 9 de outubro
- Terceiro quenda: do 10 ao 16 de outubro
- Cuarto quenda: do 17 ao 23 de outubro
- Quinto quenda: do 24 ao 30 de outubro
- Sexto quenda: do 31 de outubro ao 6 de novembro
- Sétimo quenda: do 7 ao 13 de novembro

O período de primavera de 2022 desenvolverase en 10 quendas semanais de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo co seguinte calendario:
- Primeira quenda do 6 ao 12 de marzo
- Segundo quenda: do 13 ao 19 de marzo
- Terceiro quenda: do 20 ao 26 de marzo
- Cuarto quenda: do 27 de marzo ao 2 de abril
- Quinto quenda: do 3 ao 9 de abril
- Sexto quenda: do 24 ao 30 de abril
- Sétimo quenda: do 1 ao 7 de maio
- Oitavo quenda: do 8 ao 14 de maio
- Noveno quenda:do 15 ao 21 de maio
- Décimo quenda: do 22 ao 28 de maio

Requisitos
Cursar estudos 6º de Educación Primaria ou 2º de Educación Secundaria Obrigatoria
Constituír grupos de 20 a 25 alumnos.
Estar escolarizados en centros docentes españois sostidos con fondos públicos.

Dotación
Ou importe é unha contía por grupo de centro educativo participante de ata 8.350 euros.

Prazo: ata o 14 de xuño de 2021

Máis información nos anuncios do BOE do 19 de maio de 2021 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares/inmersion-linguistica.html

 

Bolsas en actividade comercial

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca catro bolsas de formación.

O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2012 ou posterior.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 9.600,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de xuño de 2021 e deben tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.

Máis información no DOG do 19 de maio de 2021 e en http://ceei.xunta.gal así como no teléfono 981 545 525 e no correo  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla



 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 9 invitados conectado
Banner